Sir Willie Earl Ladson e Don Esteban Gómez.

6 de maio de 2008

Parece ser que se nos van estes rapaces. Tería que cambiar radicalmente a cousa este verán para que Will seguira, el xa o ten medio asumido e os problemas de espalda foron continuos durante toda a tempada. Esto dixo Ganchito na súa páxina web; "Sois unos fantasticos y Sabado voy a despidirme de jugar baloncesto con mucha tristesa.Este es mi ultima temporada de jugar y quiero que todos va a ver mi ultima partido en chantada. La charanga...sois unos cracks. Nos ayudo muchisimos durante los partidos. Fafian dijo que yo puedo todavia jugar,pero mi cuerpo esta pidiendo descansa. Si hay un milagro durante verano que me cura mis molestias. pero no creo. Un abrazo a todos." [Xa me gustaria escribir a min así en Inglés en tan pouco tempo...] Esteban, como deu a coñecer na revista "Gigantes", ten un 0,001% de posibilidades de seguir xogando ao baloncesto semiprofesionalmente, e de feito os dous se despediron moi cariñosamente este sábado no partido contra o Peixe.

Moitos non se darán conta da luxo que tivemos en Chantada de ver a estas dúas xoias, e ainda máis orgullosos debiamos estar de que escolleran o CB Chantada para retirarse.

Esteban, un histórico do baloncesto galego e profesional desto. Will, un chaval do Bronx (N.Y) que veu a dar a Chantada (despois de xogar en 13 paises) e que sentía máis pena [pola situación do baloncesto neste pobo no que respeta á base] que todos os diretivos xuntos. É simplemente un grande, un gran profesional.
Podia poñerme aquí a darvos os numeros destes dous crack na súa historia, e o seu curriculum, pero creo que todos o sabedes de sobra... :P

Darlles as gracias, ainda que nunca me lean, por darnos os triples, os mates, os tapóns... Gracias por todos os momentos inolvidables que nos fixeron pasar aos que amamos este deporte no pavillón municipal. Gracias por tratarme como me tratastes cando puiden entrenar con vós, porque podiades mandar tomar por saco ao junior e pasar de el. Gracias sobre todo a ti, Will, por darme un dos soños da miña vida e sobre todo por ser tan boa persoa... porque eu podo presumir de ti...

Merece a pena que o coñezades máis ;) http://www.ganchitoladson.com/
Esteban&Ganchito
Ata sempreeeeeeee!!!!

0 comentários:

A minha Lista de blogues

Porque para min todos os momentos que pasei cos meus colegas é unha das cousas máis importantes da miña vida... espero non perdervos nunca... porque sodes a ostia...de veras...