Feliz 2008!!

30 de dezembro de 2007

Bueno, como veces acabo de meter no blog o xogo este... por si nalgún momentos vos aburrides e vos da por xogar!! :P

E nada, que esta xa é a miña entrada número 50, a última do 2007 asi que decirvos que o pasedes ben o luns noite e como diría o billy "Entrégate al bacalao!!" ;-)
De parte das miñas partes, que teñades un feliz 2008!!

Ourense 07

Na que supoño que será a última aventura deste afortunado 2007, vouvos contar un garn día de compras en Ourense (Joserra, andré, lauriña mais eu)
Eran as 16:00 cando nos demos conta que o bus que queriamos coller para ourense non saía ata as 17:00 e o de volta ás 20:45 (logo veredes porque recalco isto)
Tirados na estación de autobuses coma catro mendigos, nunha idea magnífica, decidimos meterlle á tragaperras (Na que poñía "atención, puede crear adicción" )xDDDD. Entre comentarios do tipo "Está quente, está quente" ou "á seguinte vai" entre outros, gastamonos entre os tres toliños 13 euros mais ou menos na maquina dos collós, para que ela nos dera 3 ou así. Non pasaba nada, pois ibamos sobraos de pasta, pero fumos todo o viaxe coméndonos a cabeza e comentando que con 20 céntimos mais, seguramente nos tocaría algo porque estaba quente xDDDDDDD.
Xa no bus, decidimos poñernos en primeira fila, porque o chofre caeunos ben. Asi que fumos falando con el polo camiño. Nun comentario moi acertado, preguntámoslle que a que hora viña o autobus de volta... "ás 8 e media ou así non?" Dixo André... "Como!!??, rapaces, hoxe é sábado, o último para chantada sae ás 6 e media...!!" Miramonos uns aos outros con cara de chiste, e con certo morbo pola situación. Fomos falando no bus de como voltar, pero non nos decidimos por nada. O chofre, moi atento, dábanos opcións. O carallo, un taxi, si o pagara el...
Xa en Ourense, tivemos que ir a "Deportes Moncho", devolver unhas botas que aos dous adestramentos lle romperon ó Ramil. Por poñer un exemplo, se o bus nos deixou na plazuela, e os deportes moncho están na cafetería Mar, nos fumos ata a curva do peto, baixamos ata o mercado gandeiro e fumos ao Mar. Semexante volta dimos para chegar ao sitio!! Ninguén sabía da calle Salvador Dalí nin ostias. Pedazo caminata nos mandamos. Antes de dirixirnos para o noso destino principal, paramos nun Gadis, con idea de comprar algunha chocolatina. Entramos fostiados e dimos a volta a todo o super, (que non era pequeno por certo) ata que nos dimos conta que as caralladas todas estaban no principio xDD.
Sobre as 7 chegamos ao centro comercial, coa idea de comprar roupa para fin de ano e se cadraba, algún regalo. Fumos deixar as chaquetas nas chismas que hai para gardar con chave no haley. E puxemos camiño á segunda planta para comprar. Como supoño a calquera home, estábamos estresados entre tanta tipa cachonda, tanta tienda e tanta xente. Ata as 8 menos cuarto non debimos facer a primeira compra, ata que nos decidimos e xa compramos algo de roupa. Preocupados por con quen volver, André non daba visto nada adecuado para el. Serían sobre as 8 e media pasadas, cansados de buscar roupa, compramos todo o joseraa mais eu, e fumos ata fora airearnos un pouco namentres buscábamos con quen irnos xDDD. Chamamos a todo dios, Mamá, Chosco, Couto, Plácido, Chuski, Cabezas... ata que ao rapaz rubio se lle ocorreu o tipo menos pensado... o Billy de Chantada!!! xDDDDDDD
- Haber pimpim. onde andas?
- No gamallo aiquí dándolo todo que acabo de chegar de Santiago.
- E tes algo que facer?
- Non por que? Que che pasa?
- Nada e que estamos aiquí catro tirados no ponte vella que non temos con quen irnos pa chantada e era por si...
- O Billy de Chantada está salidno pa ourense... (xDDDDDDDD)
Simplemente, é o jefe.
O Oso, mais relaxado, propúxose ir mirar algo na tienda mais cara do centro comercial, e nós, cos deberes feitos, fumos con el. Probou de todo, chaquetas de 130euros e ata chalecos!!! Pero, a pesar dunha das tipas da tienda, que estaba boísima e insistía, non se convenceu por nada. Como lle costou decirlle que non á dependienta!!! xDDD
Eran as 9pasadas e o billy non daba señales de vida. Asi que o chamamos. Resulta que nos estaba esperando alí no coche diante da entrada principal... Moi ben o pasamos con el no carro!
Sona un pitido chegando a Cambeo. "Ten sede", comenta mentres nos partimos o cú. Xa na gasolineira, dispostos a pagarlle a gasolina, dille o André, "5euros por favor" xDDDDDDDDDDDDD Que grande... Ao final lóxicamente metímoslle 10.

3º no I Torneo de Nadal cadete Chantada

28 de dezembro de 2007


Despois de perder na prórroga pola mañá frente ao COB Ourense, xogamos o terceiro e cuarto posto contra Rosalia de Castro, ao cal vencimos :D. Deixo as actas dos dous partidos, pois foi un gran torneo para nós do que só podemos sacar cousas positivas:

CB Chantada Caixagalicia 74 - COB Ourense 80:

Anotadores CB Chantada: Bruno (17 pts), Pico (6pts), Roi (9pts), Paulo (4pts), Miguel (37pts) -cinco inicial- tamén xogaron Cristian, Fran e Santi.

Parciais: 1º (13-18) 2º (13-15) 3º (17-16) 4º (23-17) e Prórroga (8-14)

CB Chantada Caixagalicia 69 - Rosalia de Castro 65:

Anotadores CB Chantada: Bruno (20pts), Pico (10pts), Roi (2pts), Paulo (4pts) Miguel (33pts) - cinco inicial- tamén xogaron Santi e Cristian.

Parciais: 1º (20-20) 2º (15-14) 3º (21-14) e 4º (13-19)


Bueno que decir, que o pasamos de putísima sobre todo na comida, ainda que nos sentou mal de tantísimo que rimos!!! e que esperemos se repita... e agora a volver á liga, que é o noso.
Espero colgar fotos do torneo pronto!!!

PD: Joder, que ben soa eso de CB Chantada Caixagalicia xDDDD

Vaisenos o Rei dos Chatos...:(

23 de dezembro de 2007


Tivenme que decidir pola foto borrosa e escura, ou a menos borrosa e mais escura, pero non me comín nadiña a cabeza. Con que se vise o bulto de todos os amigos que se deixa aiquí o gatiño chegábame, así que decidinme pola menos borrosa e mais escura, pero como xa comento, iso é o de menos.
De momento non estou jodido de todo. Supoño que cando cheguemos ao novo ano, cando atopemos o día de decir adeus, aí si que virán todos os sentimentos que poderei recordar. Os paseos solitarios do mecho mais eu mentres os mais futboleros xogaban a correr detras do balón na nosa infancia no Xoán de Requeixo, os partidos de pin pom imborrables, a excursión a león na que dormimos xuntos na mesma habitación, Salou, todos os chatos tomados, os seus xuramentos... ... ... Son tantas cousas...
Algunhas rapazas choran, eu coméntolles que non deben, que xa chegará o día, mais que nós nos temos os uns aos outros. El non.
Perdón, o que acabo de decir é unha barbarie, el sabe que sempre nos terá aiquí, que sempre nos terá e sempre nos vai ter, porque ainda quedan moitos días xuntos, que se verán "intervalados" por unha estancia en terras catalanas, mais que só será iso, un intervalo, (esperemos que non moi grande porque eu sempre creerei que a súa vida está aiquí) que todos sabemos que non vai facer que as cousas mais importantes se jodan.
Non me imaxino ao Micho falar castelán cos cataláns, así que creo que van a ter que aturar moitos mecagüen dios
Así que sen moita mais cousa que decir... ¡ Nunca cambies, eres estupendo !

CoNCeRtOoOo!!! iMpReSiOnAnTe!!

19 de dezembro de 2007

ATENCIONE!! Edito e meto tamén (antes do do concerto, q está abaixo e para min é o mellor) o video de champione!!! Bueníííííísssssimo!!!!!!

Sei que non é o video que esperávades, pero é que non me vai o chisme para facer os videos, asi que tereino que facer na casa do ramil. Colgo outro boísimo de hoxe no gran coyote... un conciertazo (que houbo mais ca este que serán colgados nun futuro) Bueníííísssssimmmo!!!!!

PD: Decir que houbo outro concerto,( http://es.youtube.com/watch?v=luW-Yfv7ijc ) e que os dous que subin aiquí están en youtube como o "Concerto2".

Agradecementos a:

-Joserra (Por gravar o video!!!) - Nesss ( Por o móbil, e metelos en youtube e pasarmos) -André (por DJ e polo Coyote!!)

Todo o bo se fai esperar.

18 de dezembro de 2007

Por o apagón que houbo hoxe aiquí en chantada, todo o proyecto do video se me foi ao carallo... menos mal que non estaba ainda rematado e non levaba moito feito... pero, como mañá teño exame de mates, resúltame imposible volver empezar a facelo, asi que deberedes esperar a mañá... Síntoo.
Até amanhá!!

Pasado mañá...

16 de dezembro de 2007

Galego Portugues, uma mesma lingoa

14 de dezembro de 2007

Sempre fumos xuntos. O galego mais o portugues son unha mesma lingua. Pero...

"Cando acontece a independência de Portugal, essa fronteira artificial não separa, contudo, as falas. Mas, na segunda metade do Séc. XV acontecem uma série de circunstâncias políticas que vão ser determinantes para a Galiza. O reinado dos Reis Católicos, e o nascimento da ideia de "Espanha" como nação centralizada e imperialista com o castelhano como língua. A nobreza galega não tinha apoiado a rainha Isabel, por esta razão as consequências da vingança desta monarca, foram terríveis. Assim veio a "Doma e Castração do Reino da Galiza" nome com que estes antipáticos reis baptizaram à supressão das mais importantes instituições do Reino da Galiza, à eliminação física ou deportação a Castela da nobreza galega, a supressão das ordens religiosas, passando estas a depender das castelhanas e a proibição de redigir qualquer documento oficial na nossa língua. A partir desse momento a língua administrativa passa a ser exclusivamente o castelhano." etc etc etc...

Pero visto é que somos unha mesma lingua o galego e o portugues. Algunas institucións tentan moi pouco a pouco volver á nosa forma de fala, con novas regras admitidas como as terminación rematadas en ábel; inevitábel, variábel, a preposición até, expresións como bo día, antes inaceptábeis.
Por desgracia resultará moi difícil, case imposible, na miña opinión, voltar ao que foi realmente a nosa lingua. Moita xente, ignorante, non tonta, non sabe que o noso idioma foi o portugues (e é), pero que pouco a pouco, como moita xente di, castelanizouse.

Durante centos de anos, a galiza e portuga foron da man, pero por razóns históricas, todo se foi ao caralho. Algunhas ditas antes.
Hoxe en día hai partidos lusistas que reivindican isto. Si pasase isto, seguro habería xente que pensaría que sería ago mais ben político, de nacionalistas, mais non, simplemente é volver as nosas orixes e á nosa lingua orixinal. É unha cousa moi complicada de conseguir, e que os únicos que o poderiamos conseguir seriamos nós, a xente nova.

Luna de Miel.

9 de dezembro de 2007

Bueno pois como andamos con exames, e para non deixar de publicar, vou colgar a canción coa letra de Luna de Miel, dedicada ao Amistade como seu regalo de cumpleanos "que xa foi xa fai "xD... (que non sei nin si lle gusta, pero seguro que non xDDD)
E nada, que esta semana (só esta) non sei se poderei subir moita cousa porque andamos con exames... pero xa veremos!!! Con deus!!!

Aí vai:

Que cierren para siempre la calle del olvido.
Que te metan en ella para nunca verte.
Que no te valla bonito, que te valla de muerte.

Y que, por fin, el tiempo borre las heridas
Y tus fantasmas nunca mas vuelvan a verme.
Y no tires tu tiempo en esta despedida;
Ya sé que te sobran los motivos para cambiar de gente.
Que me sonría la suerte y te valla de muerte.

Champán, chalet...
Que te atragante tu luna de miel.
Caviar, channel...
Flipante. Quien te ha visto y quien te ve.

Que se pudran tus deseos.
Que no se cumpla lo que sueñas.
Que nunca tengas primavera.

Que se te apaguen los besos
Y que como a mi te duela.
Que te lleven los demonios
Fuera de mi cabeza.

(bis)(bis)

O CB Chantada vaise a Xixón.

7 de dezembro de 2007


Diredes vos, claro, o de EBA... e si, exactamente, van os de EBA a xogar a Xixón... pero nos tamén!!!! jojojo xa está ben de que os mataos do baloncesto non fagan nada. O CB Chantada Junior vaise a xogar contra o Grupo Cln Gijón Basket Cadete (queremos un partido algo igualado xD) o próximo Domingo 16 e gracias todo ao representante de Manu!!! Gracias en nome de todos!!! . Iremos cos maiores, xogaremos nos antes, e ás 6 eles.
Certa a domingo pero a nos (perdón pola expresión) danos polo cú, esta oportunidade non a perdemos nin de coña.
Espero sacar fotos e contarvos como foi!!!!

Con dios!!!

Simplemente, o primeiro

6 de dezembro de 2007

É unha mera proba... espero nun futuro moi cercano facer videos xa en serio e bos!!

Con dios!!

Chantada está chea de personaxes.

5 de dezembro de 2007

Para mín o mellor;
-O Tito; espectacular, simplemente un fenómeno, cando estou con él sinto que estou a facer algo ben e que me sinto xenial, que botaría toda a tarde con el ainda que non sepa nin quen son, nin moitas veces que lle digo.

Logo hai outros moitos;
-O Milucho; un pándigo, sempre vai falando só.
-O Varela; co seu ducados e a sua radio ten a vida feliz... non lle deas aman porque non dudará en babarcha.
-O canario; non falta a un evento deportivo, anda por aí co seu bastón a todas horas, pero se hai partido, non falta.
-O Bosi; Estrella Galega, digo Estrella Galicia xD.
-O Jorgito; párteste o cú con el, e non sempre coa risa...
-O Suso; ou Arsenio, Balbino, Javier, José...
-O Leopoldo; xD, tan só hai que velo... Con más paste ca un torero, vaise para a caixa, e a dormir...


E ALGÚN "QUE ME SE ESCAPA"
Somos un pobo che de estrelas.

MAÑÁ PASADEVOS POR AIQUÍ, POIS VOU FACER UNHA PRESENTACIÓN CUN VIDEO DESTAS, QUE VAI ESTAR GUAPA... XA VEREDES!!! ESTA ENTRADA ERA MAIS QUE NADA PARA NON PERDER O FIO DE SUBIR!!!

CON DIOS!!

O CB Chantada planta cara.

1 de dezembro de 2007


O CB Chantada "junior" (só con tres juniors, o resto cadetes e algún "rookies") planta cara a todo un CB Sarria MGR junior. O traballo do novo adestrador Narcisso viuse reflexado na pista durante os 40 minutos. Axudas en defensa individual ("Podíamos cambiar agora a zona e ir de amarretas coller mais rebotes e tal, pero non porque quero que aprendades a xogar" palabras do mister no descanso) e bastante organización en ataque foron os conceptos que aplicaron os chantadinos para este primeiro partido. A clave estivo con Emilio no xogon interior, xa que os de Narciso faltouelles o xogo interior para este partido. Partidazo de Bruno, Piko, Paulo, Fran, Xosé e Cristian e simplemente impecable Santi. Este equipo vai dar bastante que falar cando esté completo co seu xogo interior:

ACTA:

CB Chantada 60- CB Sarria 75

-Anotadores CB Chantada: Bruno (19pts), Piko (5pts), Paulo (7pts), Xosé (2pts) e Miguel (27pts) -cinco inicial- tamén xogaron - Fran (2pts) Cristián (5asistencias) e Santi (4 asistencias)
.Anotadores CB Sarria: Alberto (20pts), J. López 7pts), N López (7pts), Emilio (34pts), A. Villa ( 5pts) -cinco inicial- tamén xogaron- Agar (2pts)

Parciais:
15-26;10-17;12-14;23-18

Incidencias: Os árbitros do encontro foron ingnacio e marcos, que expulsaron por cinco faltas ao número 7 Alberto, quen se levou a súa correspondente técnica xD. 150 espectadores no pazo dos deportes de chantada!! xD



*Crónica de diario Marca e FHM. COPYRIGHT xDD

A minha Lista de blogues

Porque para min todos os momentos que pasei cos meus colegas é unha das cousas máis importantes da miña vida... espero non perdervos nunca... porque sodes a ostia...de veras...