DeitadoFrenteAoMar

26 de setembro de 2007

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


Supoño que moitos de vós xa o saberíades, pero bueno, que o título-nome do meu blogue, ven dado polo poema "deitado frente ao mar" de Celso Emilio Ferreiro, que deixo a continuación:


Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

3 comentários:

Anónimo disse...

XDD que grande!!! como lle gustaba ao pereira!!

Anónimo disse...

Joder... eso le hiciste a la montse para aprobar no ?? cabron!!!

M!Gu3L disse...

RRRRRRRRRRRRRespetame... non só lle fixen eso... :P:P no que va, a susana mandounos levar un poema e voulle levar este :P:p

con dios!

A minha Lista de blogues

Porque para min todos os momentos que pasei cos meus colegas é unha das cousas máis importantes da miña vida... espero non perdervos nunca... porque sodes a ostia...de veras...