Non á selectividade...

28 de abril de 2008

Bueeeno, primeiro decir que as entrevistas quedan aí todas, non marchan, e tedes os enlaces directos arriba na sección entrevistas. Agora non é complicado encontralas, porque están aí ao lado no arquivo do blogue, pero dentro duns mesiños, cando as queirades volver ler, tedes como xa dixen os enlaces directos na sección "entrevistas" darriba.




E nahhh!! Decir que mañá andamos de folga, por que? Pois para reclamar que se quite a carallada do selectivo, xa que unha vez verificados os coñecementos durante o curso cos exames e tal, e co título de bacherelato na man, tes que volver examinarte duns coñecementos xa legalmente recoñecidos e superados. É dicir, que nos xogamos en dúas horas, o xa superado co esforzo de varios anos...
Logo por outro lado está o aceso á universidade... co límite de prazas polo cal moita xente non estuda o que realmente quere. Así que, polo menos, deberíase baixar as notas de corte...
E xunto con isto, denunciar tamén a suba das taxas, sempre por riba do IPC.

Mañá, sen clase!!! :P;)

Con Dios!!

"Non me contes a túa vida [2]" con...

26 de abril de 2008

AVISO; Irei metendo as entrevistas según mas vaiades pasando: Aí vai!!


Nome? Andrés Rodriiguez (juass) ainda que me conhecedes por Ness ;)
Fecha de Nacemento? 24-novembro do 91
Clase? 1ª BAC jojo
Cor/es favoritos? Laranxa, negro
Bebida preferida? Coca Cola
Comida favorita? Calquera da miinha mercedes, canelos a poder ser, ainda que un cocidinho de belesar sempre é un gran manxar...
Canción Favorita? Moonlight Shadow (Mike Oldfield)
Messenger? ness_5_25@hotmail.com
Publicidade?:P: http://es.youtube.com/pirolan


Comezamos:


P Ola que tal?
R -Ola qe tal...
Que tal a familia?
-Ben, a familia ben
Estudian ou?
-Si!, a familiia ben.
Oiches, ti cando saes do baño e cheira mal, pechas a porta ou deixala aberta?
-En casa allea deixoa pechadinha, na miinha pois que quede aberta, que se ventile!
Cantas veces a sacudes ao acabar de mexar? Lavas as mans?
-Dúas como moito, máis sería palla como me dixo o Juan en Roma. Cando lle acorda e non hai presa, senon, case nunca.
Eres dos que en ximnasia cando te duchas, a sacudes pa que pareza máis grande¿?
-Penso qe non me fai falta (juas juas)
Veste xogando coa SD Chantada en terceira?
-Seriia un gran sonho que cumplir, pero si, por que non?
Contame calquera anécdota pándiga que che pasara.
-Calquera das vividas con vós, pero destacando unha, non sei, o outro día, cando nos quedamos mirando "pó" cú da Selene mentres iamos andando e metín unha ostia contra unha señal por miirar e manter a mirada fixa en certo sitio (pensei que isto só pasaba nas películas! ) qe risas!
Estás contento de ser quen eres.
-Por suposto! E mais sendo de belesar!
Que cousa nunca perdonarías...
-Pnso que seria capaz de acabar perdoando sempre. Pero no non sei, unha falsedade dos que considero meus amigos.
Que tacos e/ou frases dis moito?
-Ola qe tal (mitiqÍsima), cago na ostia!, cala anda cala, non sei... depende do dÍa e do momento. xD
Cal foi o sitio máis chungo donde o fixeches?
-Penso que foi en terras italianas, ao lado dun contenedor, rodeado de xente, onde o cheiro non era moi agradable. Ela estaba desposta, non aguantaba máis, e eu tmpouco, tinha ganísimas de botala a pacer e descargalo todo! Si! Alí foi o sitio máis raro onde mexeii....xD (paridaza pero weee)
Estás namorado...?
-Mmm... non o sei a verdade...
Se puideras volver atrás no tempo, que cambiarías?
- Penso que nada, estou enamorado da miinha vida, de todo o vivido aquí.
Que esperas do próximo verán¿?...
-O inesperable! E por suposto ao voso lado juas!

NON ME CONTES A TÚA VIDA OH!!! ;):)

Un PoUcO dE tOdO.

24 de abril de 2008

O prometido é débeda así que hai vos queda un dos videos da cena na Feira da Sidra. Polo resto pouca cousa, esta finde coa concentración de motos, supoño que haberá máis xentiña que na sidra. E bue, seica hai que ir ver todos aos xuvenís, que xogan aiquí na casa o sábado ás 5 e din que vai haber tensión polos incidentes que houbo no partido de ida :P

Respecto ao blogue, espero en mañá volver con outra entrevista a outro colega, para que o coñezades mellor e tal :P

PD: Hai máis videos (hai un máis da cena tamén) arriba en "videos" :P

II Feira da Sidra Chantada.

19 de abril de 2008


Weeeejeee!! Hoxe 19 de abril de 2008, Feira da Sidra, a segunda, pero pasalo ben como si fora a edición 200. Promete. Cena privada cos colegas e despois Sidraaa!! Xa vos contarei. Sacaremos foiños e tal...
Con dios!!

"Non me contes a túa vida" con...

16 de abril de 2008

Nome? Marcos Figueiras Otero.

Fecha de nacemento? O 1 de Marzo de 1991, son Piscis.
Clase? 1º B de Bac
Cor/es favorita/s? Branco e azul.
Bebida preferida? Tropical e Absolut con trina de mazá xDD.
Comida favorita? Calquero da miña nai, ou aquelas nas que estou ao voso lado...
Canción favorita? Los lunes de Octubre [La Fuga]
Metroflog: http://www.metroflog.com/asiaticopq

Comezamos:

P. Ola chino, que tal?
R- jeee… ben, ben….
Que tal a familia?
-Ben, coma sempre…
Estudian ou?
-Si, estudian anatomía… de vez en cando…
Eso está ben. Oiches, ti cando saes do baño e cheira mal, pechas a porta ou deixala aberta?
-Pechoa na miña casa, na dos outros abroa pa que lles cheire mal…
Bueno, así na túa tamén cheira mal, que non a ventilas xD ;) Cantas veces a sacudes ao acabar de mexar? Lavas as mans?
-Duas (máis de tres é palla). Non, lavoas moi raramente…
Eres dos que en ximnasia cando te duchas, a sacudes pa que pareza máis grande¿?
-Non me fai falta sacudila…
Jojojo, que sobrado. Pareceche xusta esta vida?
-A verdade non o sei, levei alguns paus, pero bueno, até agora sempre tiven moi bos amigos para que me axudaran a levantarme...
Estás contento de ser quen eres?
-Si!
Que cousa nunca perdonarías?
-Que o meu amigo me traicione (eu fíxeno)
Que tacos e/ou frases dis moito?
- Joder, mecago en dios, holaqtal¿?, que pasa xente!!¿?
Cal foi o sitio máis chungo donde o fixeches?
-Nun portal, e no medio dun prado sentado nunha silla… xDDD.
Estás namorado?
-Non...(pode)
Si puideras volver atrás no tempo, que cambiarías?
-Fallarlle a un amigo, o que xa comentei antes
Que esperas do próximo verán¿?
-jeje…pois a verdade é que espero moito… un aniño máis, moitas festas por diante…
NON ME CONTES A TÚA VIDA OH!!






Nace unha nova sección.

14 de abril de 2008

Mañá teredes aiquí unha nova sección. Chamarase "Non me contes a túa vida" e consistirá en que eu publicarei entrevistas (medio en coña) medianamente graciosos (espero que os entrevistados teñan gracia) aos meus colegas.

Mañá, estaremos co Pimo Chino, xa que foi o que estaba conectado cando se me ocurriu a tonteria esta...

Esto promete...

Ata mañá!
[jujujuju]

e... e... e...

13 de abril de 2008

e era unha rapaza, de cuxo color de pelo e ollos non quero acordarme, que se encontraba mal e estaba vomitando no baño...

Que decepción para o Pimo Chino!! Perdón, pa Federico!! xDD

.[domingo 13 de abril, e todo segue igual*].

Pa semana que ven... a Feira da Sidra, esperemos non jodela.
Teño como obxetivo mañá contarvos algo...

Con Dios.

E sentirse aliviado...

10 de abril de 2008

[Sen ter que pensar que mañá tes un exame. Poder ver a televisión tranquilo. Poder escribir unha entrada no teu blogue tan despreocupado, calmado e plácido... *]

^^^HistoriaBasadaEnFeitosReaisDo10DeAbrilDo2008^^^

Terceira hora da mañá no baño dun instituto, de cuxo nome non quero acordarme, atopábanse Federico e Rodrigo, cada un en cadanseu cagadeiro. Estudando para o exame que tiñan despois do recreo, cos apuntes de certa asignatura na man, e cun silencio intimidador que incluso asustaba, escoitanse uns xemidos no baño de o lado, o das mulleres:
- Ostia, Rodrigo, non oes?
- Bua!! Que animalada!! - risas.
- Que fuerte. Haber, cala cala...
[Máis xemidos e saloucos]
- Rodrigo, non podo aguantar, teño que ir aí...
E desafiando as regras da física (que carallo, da física non, do instituto, que é o que prohibe latar) Federico sae do cagadeiro, e dirixese con paso firme (pero acojonao) cara o baño das mulleres (bueno, mulleriñas-rapaziñas).
Namentres, Rodrigo esperaba ansioso á volta de Fede cos ollos nos apuntes, pero coas orellas e a cabeza nese baño contiguo. Co acojone e o medo do que se encontraria e de que algún profesor o puidese ver, pero á vez, cun morbo da ostia, (a Federico vanlle moitos estes temas), mentras seguian os xemidos, entrou no baño das "rapaziñas"...

Continuará... Posiblemente, mañá... ...

Felicidades Lovelle&Milli.

5 de abril de 2008

Moitos Parabéns e gracias por invitarme ao cumpleanos.
Esperemos airearnos un pouco esta noite... ..., de todas esas comeduras de cabeza. Era visto, e acabouse demostrando...
É o que pasa; ou o que non pasa...

Quérovos!

Mércores 2 de Abril

2 de abril de 2008

Xa está planificada a viaxe a New York!! Irei a tres clinics, Hugo Boss Basketball Clinic, The New Jersey Nets Camp (equipo NBA), e ao The Willie Ladson N.I.A Basketball Clinic (relacionado cos New York Nicks); En todos eles estarán presentas xogadores da NBA!! O primeiro día de estancia alí visitarei New York, Madsion Square Garden, Empire State, Central Park, Estatua da libertade... o segundo iremos ao Zoo de Bronx e despois compras por Manhattan, e despois todos os días basket ata o último, que nos vamos a Philadelphia! :)
Comentado esto, como sei que a varios lectores lles gusta que suba este tipo de videos, aí vai, por eles... ;)


Algúns momentos de Padre de Familia.

A minha Lista de blogues

Porque para min todos os momentos que pasei cos meus colegas é unha das cousas máis importantes da miña vida... espero non perdervos nunca... porque sodes a ostia...de veras...