Novos metros.

29 de março de 2008

Xa que estes 3 elementos crearon cadanseu metro, haberá que facerlles algo de publicidade!! xDDD
Metro Chino: http://www.metroflog.com/asiaticopq
Metro Ilde: http://www.metroflog.com/ilde_fonso
Metro Laruña: http://www.metroflog.com/laurinha03
En breve espero colgar un video pola miña querida Paulinha!! :(

PD: Xa podedes comentarlles a tope eh!!!

Somos a ostia

25 de março de 2008

Foi flipante. Estabamos, creo recordar, Joselas, Ness, Chino, Alex, Josiño mais eu. Logo de rematar a visita libre no museo do Vaticano dirixímonos aos baños. Limpos e relucientes, non nos esperabamos outra cousa. Non sei quen de nós foi o "raro" xD que foi mexar ao cagadeiro, pero cando nos dimos conta, estabamos cinco no cagadeiro do "Museo Vatican" flipando porque alí, no alto dun azulexo de "todo un cagadeiro do museo do Vaticano " [cerca de toda unha Capilla Sistina, etc] estaba escrito con permanente: "Galiza Ceibe, Poder Popular". Quedamos literalmente flipando!! O que nos fomos atopar en "o cagadeiro do Museo do Vaticano", ca de camaras que hai, co coidado que estaba todo, e co ben mimado que estaba cada recuncho dese pais máis rico do mundo.

Alí estabamos, os cinco Chantadinos metidos en "o cagadeiro do museo do Vaticano". Cerrámonos co pestillo, e cun boli (que acabou correndose todo ¬¬) escribimos "Chantada 10-02-08 Xeración do 91", alí, en todo un "cagadeiro do museo do Vaticano". Creo que foi unhas das veces que máis orgulloso me sentín de ser de onde son, e galego por suposto. Foi un acto bandálico, pero precioso ao mesmo tempo.
E iso non era todo, o máis asombroso ainda, chocante e alucinante foi que cando lle dixemos ao Juan o que poñía no baño soltounos; "jaja, iso puxérono os vosos compañeiros de fai dous anos na anterior excursión a Roma...!!"

Espero que se algúns volven ir dentro de dous anos, que vaian a "o cagadeiro do baño do Vaticano", e verán...

SOMOS A OSTIA

Fai 17 anos que viñen ao mundo...

23 de março de 2008

GRACIAS a todos os meus AMIGOS.
Como diria o Ness, "fai 17 anos, estaba nos collós de meu pai".
Quérovos. Quérovos moitoooooo!!!

[J.N.CH.T.I.M.JA...
(TODOS)]

SiiiIi!!!! Gracias Papá-Mamá

21 de março de 2008

Teño uns pais que non os merezo. Cos gastos de meu irmán na universidade (sin beca polo soldo de miña nai e meu pai), facendo una casa nova, e conmigo, que deixei 4 nesta 2º envalación (eu sei que as vou recuperar, e mais agora, que non lles podo fallar) e vanme pagar 2.200 eurazos para ir a un clinic da NBA en New York!! Gracias a Will Ganchito Ladson!! Un crack, que me deu esa oportunidade, porque sabe que a situación do basket en Chantada non é a mellor, e ofreceme este soño que xamais imaxinei.
Visitarei o pavillón dos New York Nicks, e o dos Sixers, e irei a tres campus. Un deles, dos New Jersey Nets, equipo da NBA!! Ainda non o creo. 17 días en New York... Oh Si Brian!!! [xD tony]
Está claro que nesta 3º envalación vou ter que estudar moitísimo. Loitar contra a miña pereza e vagancia, e non disgustar aos meus pais, que realmente non me piden nada doutro mundo, só algo que vai ser bo para min nun futuro...
Só pedirlle aos meus colegas, que se algún día non salgo, non salgo, é o que hai e o que me toca. Despois chegará todo un gran verán e por suposto N.Y. Pero agora, estes tres meses, teño que demostrar aos meus pais que merezo ese premio que me acaban de dar...

Reformas

18 de março de 2008

Como vedes, despois de un tempiño, decidín cambiar algo de imaxe do blogue. Botarei pois, como dous días ou tres ata que esté completamente remodelado.
Espero vos acabe gustando máis que antes...

Para o ColaCao

14 de março de 2008

bOoOoíSsSIiiiMo. Co gran tipo que é, aí lle vai este video, que sei que che gusta moito xDDDD.

Remata a 2º envalación.

11 de março de 2008

Queda un tan a gusto cando isto se acaba... (non me quero imaxinar como se queda un cando aproba todo xD)
Parece mentira pero xa fina esta 2º envalación. Como corre o tempo. Cando nos demos conta, estaremos en 2º de Bac [emmm ¬¬]. Xa acabamos os exames, a min só me queda un de portugués, pero é relativamente fácil e agora toca un pouco máis de festa da que temos durante o curso, porque non fago/emos nada de nada. Espero non cagala! Teño tempo... Bueno, teMOS tempo... non?
Agora, dende o venres, 10 días para reflexionar, celebrar o cumple (espero), e despois o último <"tri"mestre>, no que haberá que poñerse as pilas, porque senón, mal vamos, que non verán temos todos bastantes planes... (con "going to", por suposto)

Felicidades!!

8 de março de 2008

E é certo.

6 de março de 2008

O que non me gusta, sempre é o mellor. O máis rico, o que máis vitaminas ten...

Felicidades Pimo Marcos Figueiras.

3 de março de 2008

[Sinto moito de verdade non poder facerche un video, pero prometido está que cho farei o antes posible, haber si nesta semana]
De momento só decirche que gracias polo que fixeches, fas, e farás por min, e sobre todo polos momentos que pasamos, que estamos pasando, e que por suposto pasaremos.
Xa van 17 anos de Chino, como pasa o tempo.
De vez en cando está ben mirar ao futuro, a todas as experiencias vivdas, pero agora, agora imos pensar en todo o que nos queda...
Qérote d[-_-]b Pimo

A minha Lista de blogues

Porque para min todos os momentos que pasei cos meus colegas é unha das cousas máis importantes da miña vida... espero non perdervos nunca... porque sodes a ostia...de veras...