Non á selectividade...

28 de abril de 2008

Bueeeno, primeiro decir que as entrevistas quedan aí todas, non marchan, e tedes os enlaces directos arriba na sección entrevistas. Agora non é complicado encontralas, porque están aí ao lado no arquivo do blogue, pero dentro duns mesiños, cando as queirades volver ler, tedes como xa dixen os enlaces directos na sección "entrevistas" darriba.




E nahhh!! Decir que mañá andamos de folga, por que? Pois para reclamar que se quite a carallada do selectivo, xa que unha vez verificados os coñecementos durante o curso cos exames e tal, e co título de bacherelato na man, tes que volver examinarte duns coñecementos xa legalmente recoñecidos e superados. É dicir, que nos xogamos en dúas horas, o xa superado co esforzo de varios anos...
Logo por outro lado está o aceso á universidade... co límite de prazas polo cal moita xente non estuda o que realmente quere. Así que, polo menos, deberíase baixar as notas de corte...
E xunto con isto, denunciar tamén a suba das taxas, sempre por riba do IPC.

Mañá, sen clase!!! :P;)

Con Dios!!

0 comentários:

A minha Lista de blogues

Porque para min todos os momentos que pasei cos meus colegas é unha das cousas máis importantes da miña vida... espero non perdervos nunca... porque sodes a ostia...de veras...