[Sen ter que pensar que mañá tes un exame. Poder ver a televisión tranquilo. Poder escribir unha entrada no teu blogue tan despreocupado, calmado e plácido... *]
^^^HistoriaBasadaEnFeitosReaisDo10DeAbrilDo2008^^^
Terceira hora da mañá no baño dun instituto, de cuxo nome non quero acordarme, atopábanse Federico e Rodrigo, cada un en cadanseu cagadeiro. Estudando para o exame que tiñan despois do recreo, cos apuntes de certa asignatura na man, e cun silencio intimidador que incluso asustaba, escoitanse uns xemidos no baño de o lado, o das mulleres:
- Ostia, Rodrigo, non oes?
- Bua!! Que animalada!! - risas.
- Que fuerte. Haber, cala cala...
[Máis xemidos e saloucos]
- Rodrigo, non podo aguantar, teño que ir aí...
E desafiando as regras da física (que carallo, da física non, do instituto, que é o que prohibe latar) Federico sae do cagadeiro, e dirixese con paso firme (pero acojonao) cara o baño das mulleres (bueno, mulleriñas-rapaziñas).
Namentres, Rodrigo esperaba ansioso á volta de Fede cos ollos nos apuntes, pero coas orellas e a cabeza nese baño contiguo. Co acojone e o medo do que se encontraria e de que algún profesor o puidese ver, pero á vez, cun morbo da ostia, (a Federico vanlle moitos estes temas), mentras seguian os xemidos, entrou no baño das "rapaziñas"...
Continuará... Posiblemente, mañá... ...
A casa
-
E volves á casa vello.
E vello volves á casa.
Coas mesmas esperanzas perdidas.
Coas mesmas arelas.
Talvez con máis dor.
Mais volves.
Há 10 anos
0 comentários:
Enviar um comentário