Queda un tan a gusto cando isto se acaba... (non me quero imaxinar como se queda un cando aproba todo xD)
Parece mentira pero xa fina esta 2º envalación. Como corre o tempo. Cando nos demos conta, estaremos en 2º de Bac [emmm ¬¬]. Xa acabamos os exames, a min só me queda un de portugués, pero é relativamente fácil e agora toca un pouco máis de festa da que temos durante o curso, porque non fago/emos nada de nada. Espero non cagala! Teño tempo... Bueno, teMOS tempo... non?
Agora, dende o venres, 10 días para reflexionar, celebrar o cumple (espero), e despois o último <"tri"mestre>, no que haberá que poñerse as pilas, porque senón, mal vamos, que non verán temos todos bastantes planes... (con "going to", por suposto)
A casa
-
E volves á casa vello.
E vello volves á casa.
Coas mesmas esperanzas perdidas.
Coas mesmas arelas.
Talvez con máis dor.
Mais volves.
Há 10 anos
0 comentários:
Enviar um comentário