EU VIN TOCAR AOS RASTREROS NO CASTAÑAZO.

4 de novembro de 2007

"Eu vin tocar a The Clash en Paris, e vin tocar aos Rastreros en Chantada!!!" Decía Carlos Blanco.
Poden vir os rolling a Chantada, a Pantoja, ou Jesucristo, porque nada superaría á sensación de ver ao grupo do teu pobo, un grupo de amigos que valen tanto coma moitos que están aí arriba, pero que por diferentes razóns que non veñen ao caso, non puido ser. Onte demostramos que iso nos da igual, que nos os queremos e os Rastreros é unha das mais importantes señas do bravú, e ante todo, da nosa vila.
Poucas veces sentín á xente de chantada, berrar, brincar, pasalo ben, empuxarse, abrazarse uns con outros, incluso cos que te levas mal, subirse uns a cabalo doutros, levantar os brazos, deixar a gorxa, chulearse de que, ises que están aí arriba no palco tocando son de Chantada, e nos coñecemolos.
Escoitar unha canción que fala de Basán, cando tí coñeces perfectamente o lugar; sacas peito e riste cara o tipo do lado (que é de La Coruña) cun certo sinal de chulería e sentÍndote infinitamente orgulloso de ser Chantadino.
Dache pena ver que non voltarán, así como te entristece ver a xente que non viviu o que onte pasou na súa propia vila. Non sei se por ignorancia, tontería ou pasividade, pero ti sabes que se "eses" se souperan o que perderon, tiraríanse dos pelos ata quedar calvos, mais como non o saben, seguro que lles da igual... pero eles o perderon, vaia se o perderon...
Tamén che jode que veña xente de toda Galicia, que viva como animais o concerto, cante todas as cancións dos rastreros, se desmadre... e vexas a algúns chantadinos que pasan de todo... pero como xa digo... é imposible explicar o que ignoraron...

Aí queda un video, lóxicamente non é nin un cuarto do que é en vivo... pero algo é algo...

PD: O video non o grabei eu que estaba na primeira fila!!! xDDDD

5 comentários:

Anónimo disse...

Boísimo xuramento de Xurxo Souto... "Que chova ata que afoje cristo e os peixos lle coman os collós!!" xDDD

Anónimo disse...

PrImÍsImo!!!Joder que pasada onte... dios mio... ali na prmeira fila cantando como cabros!!! que pasada!!
Quen me dera ter tan pouca vergonza coma ti e poder subirme á valla a saltar e facer o animal!!!

Rastreros forever.

Anónimo disse...

Carallo pedazo video dos rastreros co himno do rock Vida de Xan e pedazo Castañazo no que montamos unha festaza.Jaja. Pasamolo de puta madre haino que repetir ainda que bueno contigo e dificil non pasalo ben. BOING! BOING! jajaja. Hai en 1º fila ademais os putos xefes lastima que houbo xente que non o quixo desfrutar, o que se perderon. Unha aperta.

Anónimo disse...

oSo...

Ola peo pekerrecho...!! sinto nn estar tan involucrado no blog koma sempre... peo kmo ti ven sabes, é por moitas razons... e esper ke pouko a pouko esta aiki o dia a dia dandoo tod!
Ke decr do castañazo e dos rastreros... simplemnt impresionnte... Inda ke dcrchem, se ti + eu xa vivimos de tod xuntos (lamatumba...) e o outr dia estba desganado x eso nn o fesexei tanto, peo sntia o mesmo ka ti...

espero rekuperar as gns de deixar a miña firmiña diaria...

PD: inda k nn escrbn etes dias... paseime a diario... pero os feitos kitaronme as ganas de escrbir...


tQ

Anónimo disse...

Q pasa tio,q bn o pasamos no castañazo,aparte ese dia foi bon tamen polo outro...Oxala se repita o castañazo o ano q bn q ali volveremos a estar,vivindo o rock bravú como outros nn sei moi bn o motivo nn qixeron,e verda e unha pena q foramos tan poucos de Chantada,VIVA O CASTAÑAZO,unha aperta,agur

A minha Lista de blogues

Porque para min todos os momentos que pasei cos meus colegas é unha das cousas máis importantes da miña vida... espero non perdervos nunca... porque sodes a ostia...de veras...