Ainda que a diretiva nin creo que o sepa nin lle interese... unha persoa da mesma, despois de buscar e buscar, e rebuscar, conseguiunos un adestrador. É de Santiado e adestrou entre outros ao Rosalía de Castro (cadetes e xuvenis), en liga galega; así que temos unha grandísima oportunidade para aprender e facer algo aiquí en Chantada!
Joder... non sabedes o que significa para algúns de nos (Paulo, Bruno, Piko, Fran, "min") ainda que a ti che poida parecer unha chorrada un simple adestrador.
Progresando...
8 de novembro de 2007
Publicada por M!Gu3L à(s) 8.11.07 2 comentários
EU VIN TOCAR AOS RASTREROS NO CASTAÑAZO.
4 de novembro de 2007
"Eu vin tocar a The Clash en Paris, e vin tocar aos Rastreros en Chantada!!!" Decía Carlos Blanco.
Poden vir os rolling a Chantada, a Pantoja, ou Jesucristo, porque nada superaría á sensación de ver ao grupo do teu pobo, un grupo de amigos que valen tanto coma moitos que están aí arriba, pero que por diferentes razóns que non veñen ao caso, non puido ser. Onte demostramos que iso nos da igual, que nos os queremos e os Rastreros é unha das mais importantes señas do bravú, e ante todo, da nosa vila.
Poucas veces sentín á xente de chantada, berrar, brincar, pasalo ben, empuxarse, abrazarse uns con outros, incluso cos que te levas mal, subirse uns a cabalo doutros, levantar os brazos, deixar a gorxa, chulearse de que, ises que están aí arriba no palco tocando son de Chantada, e nos coñecemolos.
Escoitar unha canción que fala de Basán, cando tí coñeces perfectamente o lugar; sacas peito e riste cara o tipo do lado (que é de La Coruña) cun certo sinal de chulería e sentÍndote infinitamente orgulloso de ser Chantadino.
Dache pena ver que non voltarán, así como te entristece ver a xente que non viviu o que onte pasou na súa propia vila. Non sei se por ignorancia, tontería ou pasividade, pero ti sabes que se "eses" se souperan o que perderon, tiraríanse dos pelos ata quedar calvos, mais como non o saben, seguro que lles da igual... pero eles o perderon, vaia se o perderon...
Tamén che jode que veña xente de toda Galicia, que viva como animais o concerto, cante todas as cancións dos rastreros, se desmadre... e vexas a algúns chantadinos que pasan de todo... pero como xa digo... é imposible explicar o que ignoraron...
Aí queda un video, lóxicamente non é nin un cuarto do que é en vivo... pero algo é algo...
PD: O video non o grabei eu que estaba na primeira fila!!! xDDDD
Publicada por M!Gu3L à(s) 4.11.07 5 comentários
Xa queda menos.
2 de novembro de 2007
Ou nada para o esperado castañazo. Son as 00:36, pero non teño sono. É mañá, un día esperado dende hai meses... non sei se darei dormido!!! (menos mal que nos queda o partido da nba) pero iso, oxalá o castañazo siga medrando, porque sería moi bo para o pobo.

Publicada por M!Gu3L à(s) 2.11.07 2 comentários
A minha Lista de blogues
-
A casa - E volves á casa vello. E vello volves á casa. Coas mesmas esperanzas perdidas. Coas mesmas arelas. Talvez con máis dor. Mais volves.Há 11 anos
-



