Feliz 2008!!

30 de dezembro de 2007

Bueno, como veces acabo de meter no blog o xogo este... por si nalgún momentos vos aburrides e vos da por xogar!! :P

E nada, que esta xa é a miña entrada número 50, a última do 2007 asi que decirvos que o pasedes ben o luns noite e como diría o billy "Entrégate al bacalao!!" ;-)
De parte das miñas partes, que teñades un feliz 2008!!

Ourense 07

Na que supoño que será a última aventura deste afortunado 2007, vouvos contar un garn día de compras en Ourense (Joserra, andré, lauriña mais eu)
Eran as 16:00 cando nos demos conta que o bus que queriamos coller para ourense non saía ata as 17:00 e o de volta ás 20:45 (logo veredes porque recalco isto)
Tirados na estación de autobuses coma catro mendigos, nunha idea magnífica, decidimos meterlle á tragaperras (Na que poñía "atención, puede crear adicción" )xDDDD. Entre comentarios do tipo "Está quente, está quente" ou "á seguinte vai" entre outros, gastamonos entre os tres toliños 13 euros mais ou menos na maquina dos collós, para que ela nos dera 3 ou así. Non pasaba nada, pois ibamos sobraos de pasta, pero fumos todo o viaxe coméndonos a cabeza e comentando que con 20 céntimos mais, seguramente nos tocaría algo porque estaba quente xDDDDDDD.
Xa no bus, decidimos poñernos en primeira fila, porque o chofre caeunos ben. Asi que fumos falando con el polo camiño. Nun comentario moi acertado, preguntámoslle que a que hora viña o autobus de volta... "ás 8 e media ou así non?" Dixo André... "Como!!??, rapaces, hoxe é sábado, o último para chantada sae ás 6 e media...!!" Miramonos uns aos outros con cara de chiste, e con certo morbo pola situación. Fomos falando no bus de como voltar, pero non nos decidimos por nada. O chofre, moi atento, dábanos opcións. O carallo, un taxi, si o pagara el...
Xa en Ourense, tivemos que ir a "Deportes Moncho", devolver unhas botas que aos dous adestramentos lle romperon ó Ramil. Por poñer un exemplo, se o bus nos deixou na plazuela, e os deportes moncho están na cafetería Mar, nos fumos ata a curva do peto, baixamos ata o mercado gandeiro e fumos ao Mar. Semexante volta dimos para chegar ao sitio!! Ninguén sabía da calle Salvador Dalí nin ostias. Pedazo caminata nos mandamos. Antes de dirixirnos para o noso destino principal, paramos nun Gadis, con idea de comprar algunha chocolatina. Entramos fostiados e dimos a volta a todo o super, (que non era pequeno por certo) ata que nos dimos conta que as caralladas todas estaban no principio xDD.
Sobre as 7 chegamos ao centro comercial, coa idea de comprar roupa para fin de ano e se cadraba, algún regalo. Fumos deixar as chaquetas nas chismas que hai para gardar con chave no haley. E puxemos camiño á segunda planta para comprar. Como supoño a calquera home, estábamos estresados entre tanta tipa cachonda, tanta tienda e tanta xente. Ata as 8 menos cuarto non debimos facer a primeira compra, ata que nos decidimos e xa compramos algo de roupa. Preocupados por con quen volver, André non daba visto nada adecuado para el. Serían sobre as 8 e media pasadas, cansados de buscar roupa, compramos todo o joseraa mais eu, e fumos ata fora airearnos un pouco namentres buscábamos con quen irnos xDDD. Chamamos a todo dios, Mamá, Chosco, Couto, Plácido, Chuski, Cabezas... ata que ao rapaz rubio se lle ocorreu o tipo menos pensado... o Billy de Chantada!!! xDDDDDDD
- Haber pimpim. onde andas?
- No gamallo aiquí dándolo todo que acabo de chegar de Santiago.
- E tes algo que facer?
- Non por que? Que che pasa?
- Nada e que estamos aiquí catro tirados no ponte vella que non temos con quen irnos pa chantada e era por si...
- O Billy de Chantada está salidno pa ourense... (xDDDDDDDD)
Simplemente, é o jefe.
O Oso, mais relaxado, propúxose ir mirar algo na tienda mais cara do centro comercial, e nós, cos deberes feitos, fumos con el. Probou de todo, chaquetas de 130euros e ata chalecos!!! Pero, a pesar dunha das tipas da tienda, que estaba boísima e insistía, non se convenceu por nada. Como lle costou decirlle que non á dependienta!!! xDDD
Eran as 9pasadas e o billy non daba señales de vida. Asi que o chamamos. Resulta que nos estaba esperando alí no coche diante da entrada principal... Moi ben o pasamos con el no carro!
Sona un pitido chegando a Cambeo. "Ten sede", comenta mentres nos partimos o cú. Xa na gasolineira, dispostos a pagarlle a gasolina, dille o André, "5euros por favor" xDDDDDDDDDDDDD Que grande... Ao final lóxicamente metímoslle 10.

3º no I Torneo de Nadal cadete Chantada

28 de dezembro de 2007


Despois de perder na prórroga pola mañá frente ao COB Ourense, xogamos o terceiro e cuarto posto contra Rosalia de Castro, ao cal vencimos :D. Deixo as actas dos dous partidos, pois foi un gran torneo para nós do que só podemos sacar cousas positivas:

CB Chantada Caixagalicia 74 - COB Ourense 80:

Anotadores CB Chantada: Bruno (17 pts), Pico (6pts), Roi (9pts), Paulo (4pts), Miguel (37pts) -cinco inicial- tamén xogaron Cristian, Fran e Santi.

Parciais: 1º (13-18) 2º (13-15) 3º (17-16) 4º (23-17) e Prórroga (8-14)

CB Chantada Caixagalicia 69 - Rosalia de Castro 65:

Anotadores CB Chantada: Bruno (20pts), Pico (10pts), Roi (2pts), Paulo (4pts) Miguel (33pts) - cinco inicial- tamén xogaron Santi e Cristian.

Parciais: 1º (20-20) 2º (15-14) 3º (21-14) e 4º (13-19)


Bueno que decir, que o pasamos de putísima sobre todo na comida, ainda que nos sentou mal de tantísimo que rimos!!! e que esperemos se repita... e agora a volver á liga, que é o noso.
Espero colgar fotos do torneo pronto!!!

PD: Joder, que ben soa eso de CB Chantada Caixagalicia xDDDD

A minha Lista de blogues

Porque para min todos os momentos que pasei cos meus colegas é unha das cousas máis importantes da miña vida... espero non perdervos nunca... porque sodes a ostia...de veras...